O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Piedra, papel, tijera e todo o que se nos ocorra…

By Tati Mancebo | Agosto 28, 2007

O pelacho e o primo J. estaban a xogar a piedra, papel, tijera. Cando xa levaban unhas cantas partidas…

-¡Tijera! Dixo J. primeiro.
-¡Bazooka! Dixo o pelacho, con todos os dedos da man a medio abrir, como unha pouta. ¡Y mi bazooka gana a tu tijera!

Seguinte partida:

-¡Bazooka! Dixo J. triunfante

O pelacho, co dedo como o Colón da estatua, dixo máis triunfante, se cabe:

-¡Destornillador! ¡Que desmonta tu bazooka!

Foi a derradeira partida do día. A carreira armamentística está aberta.

Topics: pelacho, primo | 4 Comments »

4 Responses to “Piedra, papel, tijera e todo o que se nos ocorra…”

  1. torredebabel Says:
    Agosto 30th, 2007 at 12:32 a.m.

    o que fai o mundo cos nosos nenos!!! Cando menos, o pelacho non esqueceu iso de “más vale maña que fuerza” (e que non teño idea de como se dirá en galego…)

  2. Leco Says:
    Agosto 30th, 2007 at 10:54 p.m.

    Pois eu tampouco o sei, pero a ver se me informo…

  3. paideleo Says:
    Setembro 1st, 2007 at 10:49 p.m.

    Eu neste caso diría que o pelcho sempre ten un as para matar o tres.

  4. txari Says:
    Setembro 2nd, 2007 at 9:44 p.m.

    o que faia imaginaçom, a min lembroume a issas saídas tambén moi própias de min con issa idade, a imaginaçom junto coa consisténcia da desvergonha fan que o adulto sempre tenha algo d neno…

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico