O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Así falou Calidonia

By Tati Mancebo | Setembro 21, 2007

 Boas a tod@s

Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algúns de vós, este
sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos visitar aos veciños de Meá
pechados no Concello en protesta pola construción e posta en
funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA.
Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu
entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na
mesma parroquia onde se está a construir o monstro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue
(http://ocruceirodemea.blogaliza.org/) e nel podedes comprobar que levan
case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade
de intelectuais e artistas destacados como: Mabel Rivera, Joao Afonso,
Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé
Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriquira, Eva Veiga,
Antón Reixa, Os Cempés… e diversas asociacións e colectivos de naturea
diversa. A idea é queestaría moi ben que a rede galega non podemos ficar
á marxe.

Podedes mostrar o teu apoio aos veciños de tres xeitos:

– Asinando (co teu nome, co teu nick na rede, ou co nome da túa web) un
breve manifesto de apoio e solidariedade que podedes consultar nesta
entrada do meu blogue
(http://calidonia.blogaliza.org/2007/09/19/manifesto/) e que como vedes
é propositivo, aséptico e tenta non meterse con ninguén, só denunciar a
situación e defender aos veciños.

– Publicando esta convocatoria nos vosos blogues e páxinas web, pois
estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar
durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a
apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podedes
aproveitar se queredes este deseño feito por Artritris que vos mando anexo.

– Apuntándote ao xantar, deixando a túa confirmación nesta outra entrada
(), onde tamén iremos informando do que se vaia pechando e concertando a
respecto desta cita (xantar, desprazamentos) estes poucos días que
faltan até entón. A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes
do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no
menú é o polbo, o prezo vai ser todo o asequible que poidamos.

A cita é *en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa
do Concello*. Situación e lugar para combinarmos:
http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&lr=lang_ca%7Clang_es%7Clang_fr%7Clang_en%7Clang_it%7Clang_pt&hl=gl&msa=0&ll=43.460684,-8.254536&spn=0.002184,0.005611&t=h&z=18&om=1&msid=108348061584225929773.00043a7a8f34e02b4dc08

Todas as vicisitudes que rodean este tinglado xa as puidestes ler en
varios lugares da rede, grazas ao ciberactivismo que veñen despregando
veciños, membros da Plataforma, do Comité e cidadáns anónimos en xeral.
Non as vou repetir aquí e tan só vos indicarei un bo e variado resumo en
orde cronolóxica (http://chuza.org/index.php?search=reganosa&orde=data).
Esta xente viuse a obrigada a facer presión na rede diante do clamoroso
silencio e contrainformacións despregadas polos medios de comunicación
tradicionais, incluídos os públicos.

Unha aperta

Calidonia

Topics: leco | Comentarios desactivados en Así falou Calidonia

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico