O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Un inocente xogo

By Tati Mancebo | Setembro 30, 2007

Contoume a Tía T. que o outro día, de camiño para o cole cos catro cativos no carro, a ringleira da pelacha e a prima P. parecía Playhouse Disney, polas conversas que levaban, e que a do pelacho e o primo J. semellaba Jetix, pois non deixaban de guerrear representando mil e unha identidades Pokemon. Nesas andaban cando a tía T. lles pediu que acougasen un chisco. O pelacho entón propúxolle un novo xogo ao primo J.: Xogarían a ver quen aguantaba un minuto enteiro sen falar. O primo J. despistouse e falou antes de tempo mais aínda así:

-Pelacho, me ha gustado mucho este juego.

-Sí, está muy bien… a mi profe de inglés también le gusta mucho…

Topics: pelacho, primo | 3 Comments »

3 Responses to “Un inocente xogo”

  1. paideleo Says:
    Setembro 30th, 2007 at 9:58 p.m.

    Ha, ha. Non sei como van aprender inglés estando calados.
    Graciñas pola felicitación para o Leo.

  2. peke Says:
    Outubro 4th, 2007 at 11:07 a.m.

    Rinme moito co conto, pero non puiden deixar un comentario no seu momento porque este trebello non me deixaba.

  3. Leco Says:
    Outubro 4th, 2007 at 11:09 a.m.

    XDDDDD Menos mal que nos coñecemos, senón aínda había pensar que estamos contraindicadas.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico