O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Cousas difíceis de entender

By Tati Mancebo | Novembro 27, 2007

A bisavoa María morreu hai dúas semanas aos 99 anos. Creo que viviu feliz toda a vida e non podo imaxinar que algunha vez tivese algún mal pensamento para ninguén. Foise apagando ao longo dunns pouquiños meses como unha candea que un ar de orixe incerta acaba por extinguir. Nunca estivo enferma e até hai ben poucos anos aínda ía a compra e facía a comida para todos os da casa.

Hai poucos días o primo Pedro, de cinco anos, preguntoulle á súa avoa, filla da avoa María:

-¿Y la abuela se murió de verdad?

-Sí, neniño.

-¿Y ya no vamos a verla nunca más? ¿No va a volver?

-No, neniño, ahora está en el cielo.

Entón o primo Pepe, de once, que tamén andaba por alí, engadiu todo contento:

-¡Qué contento debe de estar el abuelo después de tanto tiempo sin verla!

Topics: Primo Pedro, primo Pepe | 8 Comments »

8 Responses to “Cousas difíceis de entender”

  1. Manuel Rivas Says:
    Novembro 27th, 2007 at 12:18 p.m.

    Pois logo o Pepe é un grande optimista e de seguro que axudou a avoa a sair do paso co Pedro.

  2. Tía T Says:
    Novembro 27th, 2007 at 12:28 p.m.

    O primo J. está desexoso de ir á casa da avoa María porque di que quere comprobar se o día que os deixamos cos avós de Santiago foi porque fomos de recados ou é realmente certo que a avoa María xa non está nin vai estar máis na casa 🙂
    Creo que tratamos todo este asunto con tanta naturalidade que os nenos o asumiron como tal e o primo J. mesmo nos preguntou se tiñamos que levar pas ao enterro.
    En canto ao comentario do primo Pepe, me emociono cada vez que o leo e me fai lembrar do que sempre dicía o avó, que quería morrer primeiro para non ter que vivir sen ela 🙂

  3. Leco Says:
    Novembro 27th, 2007 at 1:12 p.m.

    🙂 😉

  4. peke Says:
    Novembro 27th, 2007 at 1:12 p.m.

    Sería ben bonito que se reencontrasen despois de tanto tempo. A ver, a ver. 🙂

  5. Leco Says:
    Novembro 27th, 2007 at 1:14 p.m.

    Con que nolo poidesen contar algún día eu xa me conformaba 😀

  6. torredebabel Says:
    Novembro 29th, 2007 at 4:13 p.m.

    quen me dera a lucidez do primo Pepe para levar algunhas perdas dese xeito optimista…

  7. Leco Says:
    Novembro 30th, 2007 at 1:41 a.m.

    Manuel Rivas e Torre de Babel: si que é optimista, é un rapaz encantador 🙂

  8. amilamia Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 9:47 a.m.

    O ano que ven a aos reis pedireilles que me devolvan a inocencia, o agasallo máis prezado. Boísimo!.
    Bicos

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico