O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

112518308245707419

By Tati Mancebo | Agosto 28, 2005

Segundo día que paso sen saír da casa polo lumbago. O pelacho me di que eu non me levanto nunca. Xogo cos pelachos aos cacharritos encima da cama. A pelacha pide todo o que ve no cuarto e mete na boca as moedas antigas coas que xoga para que lle diga que iso non se pode facer, está feita unha lercha. O pelacho está feliz de que levemos dous días todos xuntos a todas horas e en especial por estar desfrutando tanto do seu papá, que até lle “elimina” as burbullas da fanta para que lle uste máis.
Como chove pola tarde o pelacho quere ir unha horiña a Cocoloco a troulear duramente. O día remata con partida de PS2 co papá e sandwhiches de cea. Poste pesadiño co que está mais pasado ou menos e cámbiasllo a papá non sei cantas veces.

Topics: Sen clasificar | Comentarios desactivados en 112518308245707419

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico