O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Novas tecnoloxías

By Tati Mancebo | Xaneiro 2, 2008

O pelacho reclámame que lle deixo o ordenador menos do que el querería. Argumento que as teclas do portátil sofren moito cos xogos e que é a miña ferramenta de traballo, ademais para xogar xa están a DS e a Play aínda que, iso si, bastante racionadas. Pero preséntolle unha proposta: poderá usar máis o ordenador se accede a utilizalo para outras cousas e acepta encantado. Aproveitando que pasamos o día os dous sós na casa, dedicamos un tempo a aprender algunhas cousas: ábrolle unha conta de correo electrónico en Gmail e a partir de aí propóñome e cumpro totalmente a intención de non tocar unha tecla e que sexa el que vaia facendo todo seguindo as miñas indicacións. Entón crea unha carpeta no escritorio, que decide chamar “aron”, carga a tarxeta da súa cámara no lector, conecta o lector ao portátil, descarga as fotos e borra as que saíron mal facendo unha selección múltipla. Despois minimiza a carpeta e abre o navegador. Accede á súa conta, crea un aálbum de Picasa e descarga as súas fotos (de cinco en cinco porque, como estamos traballando desde Linux non temos o cargador para facelo todo de contado). Estaba comezando a engadir títulos ás fotos, do estilo de “perro amigo” ou “exposición de setas” cando chegaron o papá e a pelacha da aldea e o labor foi adiado.
Fiquei francamente perplexa do ben e o rápido que asimilou todo. Non creo que sexa algo excepcional, desde logo, mais estes cativos do S. XXI nacen entre máquinas e resúltalles absolutamente natural pasar dunhas a outras con flexibilidade.

A pelacha veu durmindo todo o camiño de volta e esa foi a razón para que non conseguise encetar o sono nocturno con facilidade, malia ter ido para a cama despois das once. Foi despois de facernos ir onda ela a contarlle un conto, a cantarlle unha canción, a convencela de que non había nada na cama que a puidese pinchar, a levarlle o seu coxín da Barbie e a darlle un vaso de auga, que adormeceu de puro esgotamento. A ver a que hora acordan mañá.

Topics: mamá, pelacha, pelacho | 8 Comments »

8 Responses to “Novas tecnoloxías”

  1. txari Says:
    Xaneiro 2nd, 2008 at 2:37 p.m.

    venhen aprendidos de antemán, e é que aprenden istas coissas axinha e oitras que nós aprendiamos a súa idade deixan de aprendelas sen nós darnos conta

  2. hormiga Says:
    Xaneiro 4th, 2008 at 2:48 p.m.

    Como mola! Un pelacho linuxeiro! E podo preguntar que distribución usas? O blog quedou moi guapo con este diseño.

  3. Marinha de Allegue Says:
    Xaneiro 5th, 2008 at 6:58 p.m.

    Feliz Ano Novo e Feliz Noite Máxica!!!.

    Apertassssss.
    🙂

  4. Leco Says:
    Xaneiro 5th, 2008 at 10:56 p.m.

    Usamos a penúltima distrib. de Ubuntu. Temos pendente acutalizala á última un destes días aínda 🙂

  5. o ollo Says:
    Xaneiro 7th, 2008 at 2:14 p.m.

    eu levo anos pensando en instalar un linux pero dáme tanta preguiza aprender a usar ferramentas novas…
    a pinchu grande ten o meu ordenador vello (un amd xp, nada de pedales) que vai moi ben.
    úsao para xogar e mais para escoitar música porque a cadena do seu cuarto morreu de morte morrida.
    o outro día coincidiulle a mamá pinchu presenciar un cambio de cd e ficou abraiada con como -aos seus catro aniños- é quen de cambiar o disco, abrir e pechar fiestras do ordenador, etcétera con soltura.
    non é que nazan aprendidos pero, efectivamente, o ordenador é para eles unha ferramenta tan cotiá como para nós era o boli e o papel.

  6. Leco Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 12:04 p.m.

    Son tremendos 🙂
    Canto ao de Linux, se tes a man alguén que controle, por se pasa algo coa instalación, e eu diso non controlo, xa cho advirto, logo afacerse a el e realmente fácil. A min non me causou trastorno ningún. Funciona todo con moita lóxica.
    Talvez a única cousa que me frou unha miga foi que a instalación de aplicacións digamos oficiais é moi fácil, máis aínda que en Win pero se queres instalar outras cousas que non están nos repositorios oficiais entón é máis complicado pero anda por aí agora unha aplicación que se chama clicknrun que elimina esas dificultades.
    Eu non volvería a Win por nada do mundo, como no anuncio de deterxente XD.
    Beixiños

  7. hormiga Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 10:48 p.m.

    Sí, coincido en que hai que ter ganas de aprender para usar linux e se tes a man alguén que te guie, ainda mellor. Pero paga a pena, iso seguro.
    Nunca probei ubunto, porque me da pereza cambiar, pero un ano destes probareino.

  8. jan Says:
    Xaneiro 13th, 2008 at 11:29 p.m.

    É verdade que os nenos de hoxe en día os nenos nacen co rato debaixo do brazo. A filla dunha amiga ten ano e medio e xa vai xunto ao portatil da mai para pedir que lle poñan a Elmo de Barrio Sésamo e comeza a fuchicar co rato como unha tola.

    Por certo e aínda que se sexa tarde, unha forte apreta e os mellores desexos para este novo ano.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico