O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

BERRAR e FALAR ALTO

By Tati Mancebo | Xaneiro 8, 2008

Ás sete da tarde tiñamos unha reunión de traballo na Rede que duraría 30′ entón fixemos un pacto cos pelachos, que xogarían coas novidades que os Reis deixaran para eles (éxitos e fracasos de que espero falar nos próximos días) onte e que non berrarían nin rifarían mentres durase a reunión.
Non nos deramos nin conta de que o pelacho andaba a berros cos Power Rangers Ninja Mystic Storm, ou algo así, que son un prodixio de enxeñaría, dito sexa de paso. De feito o pacto incluía os berros só para que non discutisen nin se amolasen mutuamente como fan ás veces, especialmente cando andamos acupados noutras cousas. Pois foi entón cando sentimos a pelacha polo corredor a berrido limpo:
¡¡¡MAMÁ, PAPÁ, PELACHO GRITÓ!!!!
E deulle tempo a repetir o alarido unhas cantas veces até que chegou a nós.
-Pelacha, así que vés acusar o pelacho pero ti vés berrando tamén.
NO, YO NO. YO SÓLO ESTOY HABLANDO ALTO. ¿NO VAIS A CASTIGAR AL PELACHO POR GRITAR?
-Pois non, ímoste castigar a ti por chiveta. Hala, de primeira á ducha!
NOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!
E foi!

Topics: mamá, papá, pelacha | 9 Comments »

9 Responses to “BERRAR e FALAR ALTO”

  1. o ollo Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 9:54 a.m.

    😀

    só que na casa o da ducha non é castigo válido.
    en todo caso, o castigo sería algo así como “hoxe non hai baño para ti”

  2. Leco Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 12:05 p.m.

    A ela tamén lle gusta, o que a amola é que o pelacho fique ás súas cousas un pouco máis e ter que desfilar ela primeiro 🙂

  3. peke Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 5:43 p.m.

    É que non é o mesmo berrar que falar alto, che. 😉

  4. peke Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 5:43 p.m.

    É que non é o mesmo berrar que falar alto, che. 😉

  5. peke Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 5:43 p.m.

    É que non é o mesmo berrar que falar alto, che. 😉

  6. o ollo da vaca Says:
    Xaneiro 8th, 2008 at 6:18 p.m.

    raióuselle a vostede o disco, peke?

  7. peke Says:
    Xaneiro 9th, 2008 at 10:45 a.m.

    Jo, que corte! Non me furrulaba o sistemiña e púxenme a darlle á tecla coma unha tola. ao final desistín e quedei convencida de que non se gravara o comentario. Síntoo.

  8. o ollo da vaca Says:
    Xaneiro 9th, 2008 at 6:11 p.m.

    vaia logo un 😉 para peke

  9. txari Says:
    Xaneiro 15th, 2008 at 1:14 a.m.

    som coissas que imos perdendo, de maiores so berramos se é con enfado ou nom nos oen, hoje caminhando pola rúa ía un pai levando ao cativo da man, o cativoía cantando e saltando de ledícia,que nos fará perder esse geito de amossar ledícia? ganhamos em compostura pero perdemos en naturalidade…

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico