O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Voltando á normalidade

By Tati Mancebo | Xaneiro 27, 2008

O dito, despois de semanas de varicelas, gripes, toneladas de antibióticos e miles de horas de traballo todo parecía que voltaba á normalidade se non fose porque o termómetro marcou 38º para o pelacho e 37,8º para a pelacha hoxe pola tarde, así que as vacacións do Nadal seguirán prolongándose para eles e a ver se dunha vez desterramos a gripe e infeccións varias da casa.
Onte á tarde baixamos polo barrio a tomar unhas cañas co amigo Xavier. A pelacha díxolle nun momento:
-Te voy a dar un beso, una caricia y un abrazo.
Ao Xavier tanto lle gustou o detalle que lle dixo:
-Ai, pelacha, este beixo que acabas de darme heino levar no corazón toda a miña vida.
-¿Y por qué en el corazón si yo te lo di en la cara?

Topics: Sen categorizar | 6 Comments »

6 Responses to “Voltando á normalidade”

  1. jorge Says:
    Xaneiro 28th, 2008 at 8:26 p.m.

    acabo de ter dun “deja vu”

  2. jorge Says:
    Xaneiro 28th, 2008 at 8:28 p.m.

    acabo de ter un “deja vu”

  3. Leco Says:
    Xaneiro 28th, 2008 at 8:28 p.m.

    non me digas? Conta, conta!

  4. peke Says:
    Xaneiro 29th, 2008 at 11:31 a.m.

    Aínda non controla a linguaxe metafórica.

  5. mirinho Says:
    Febreiro 1st, 2008 at 9:40 p.m.

    Que bonito!

    De verdade, os teus fillos acabarán sendo poetas…

    Terían a quen saír! 🙂

  6. Leco Says:
    Febreiro 2nd, 2008 at 12:33 p.m.

    😉

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico