O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Aumenta o premio de ACoruñaSon

By Tati Mancebo | Febreiro 14, 2008

ACoruñaSon vai aproximadamente polo ecuador da súa fase de concurso e xa ten máis de 50.000 visitas, 300 usuarios rexistrados e sobre 30 cancións en galego a concurso. Estamos moi contentos cos resultados até agora. E aínda está en tempo, quen se queira presentar, de subir as súas cancións até o 5 de marzo.

Desde onte ademais, froito dun acordo entre a Concellaría de Cultura da Coruña e o IGAEM, os 10 seleccionados finais, ademais de asistiren a un obradoiro de composición e gravar un disco colectivo, entrarán a formar parte da Rede de Música ao Vivo con dous concertos cada un.

E imos avisando xa, que os interesados en asistir ao obradoiro como oíntes só terán que preinscribirse no enderezo de correo que se fornecerá na web nos próximos días.

Topics: Pelachos | Comentarios desactivados en Aumenta o premio de ACoruñaSon

Comments are closed.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico