O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Un soño

By Tati Mancebo | Febreiro 29, 2008

No meu soño eu saía da casa unha mañá anubada cos pelachos, para levalos ao colexio. Vinme de súpeto puxando por unha bicicleta en cuxa roda traseira ían sentados os meus fillos. Custábame traballo avanzar porque os meus pés, abrigados por unhas deportivas vellas, esvaraban na terra sequísima. Ademais, a diabólica bicicleta estaba construída por barras encartábeis como as das tendas de campaña e escangallábase tan pronto como apartaba a vista dela. A expresión divertida dos rapaces non reflectía a miña preocupación mais eu había tempo que sabía que non dariamos chegado ao noso destino. Entón o sol asomou entre un feixe de nubes e sentín que a solución ao problema non estaba no lugar máis obvio senón na nosa casa, que eu estaba a soñar e que me había deixar guiar por Oneirós. E xa estaba de volta. A casa estaba en silencio e ás escuras, como manda a noite. A bicicleta desapareceu de contado e con ela os pelachos. E eu, descalza e en pixama, saía do baño para o corredor. Comprobei que os pelachos estaban a durmir pracidamente nos seus cuartos e voltei feliz para cama a continuar a soñar dentro do meu soño.

Topics: leco | 2 Comments »

2 Responses to “Un soño”

  1. X Says:
    Febreiro 29th, 2008 at 8:28 p.m.

    Que gusto cando a realidade é mellor!

  2. peke Says:
    Marzo 2nd, 2008 at 3:16 p.m.

    Que gusto saber que un está soñando e poder cambiar o rumbo.

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico