O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Linguas francas

By Tati Mancebo | Maio 4, 2008

Esta finde estivemos na Feira de Emprendedoras de EMEGA cun stand. Houbo pouquísima xente mais unha parella de visitantes duns cincuenta anos pararon ante a miña mesa e o home preguntoume a que nos dedicabamos:

Eu: Somos unha empresa de xestión cultural a través das novas…

Muller lixeiramente irritada: ¡En español nos entendemos todos mucho mejor!

Eu afábel: Non

Muller máis irritada a elevar a voz: Sí, porque los que venimos de fuera…

Eu afábel: Los que venimos de fuera podemos ser un poco más educados al decirlo porque los que venimos de dentro no tenemos por qué saber quiénes son los que vienen de fuera.

Muller irritada con ton de superioridade: En español no hay problema ninguno porque nos entendemos todos muchísimo mejor.

Eu afábel: Mira, no tengo ganas ningunas de discutir cuestiones lingüísticas así que, si os interesa os cuento lo que hacemos en esta empresa y si no podéis seguir con vuestro paseo tranquilamente.

Saíron a fume de carozo coa súa anécdota baixo o brazo e, como a estas horas xa estarán de volta na casa, teralles faltado tempo para contarlle a toda a familia que os galegos somos uns integristas radicais, que aquí non se fala outra cousa que galego e que non nos importa que a xente non nos entenda. Mágoa que isto non sirva para nada.

Topics: leco | 16 Comments »

16 Responses to “Linguas francas”

  1. ghanito Says:
    Maio 5th, 2008 at 12:19 a.m.

    A ‘intolerante galega’ dirixíuse a eles en castelán a pesar da nula mostra de educación dos visitantes, semella que a intolerancia pecha os ollos e as orellas a todo o que é alleo.

    Mal vamos en España, e cada día pior 🙁

  2. peke Says:
    Maio 5th, 2008 at 4:02 p.m.

    Non sei por que se alporizan tanto. Se o pedisen con educación (hábleme español, por favor, que no entiendo), non habería necesidade ningunha de vivir escenas semellantes.

  3. mirinho Says:
    Maio 5th, 2008 at 4:06 p.m.

    Xa me parecía a min que erades uns radicais… :p

    Nin caso… De verdade, nin caso, que non vos quiten o sono o máis mínimo…

    Beijinhos.

  4. Mr Tichborne Says:
    Maio 5th, 2008 at 8:02 p.m.

    Estou con Peke. Vindo “de fuera” non poden esixirche (que non pedirche) que cambies de idioma con esa mala educación. Bo, e vindo “de dentro” tampouco.
    Eu coido que eles cren que o galego (ou catalán ou o euskera) son unha cousa que inventamos en 1979 para amolar ós que veñen “de fuera” e botar unhas risas.
    Nin caso.

  5. fiona Says:
    Maio 5th, 2008 at 9:18 p.m.

    Falarlles castelán aos turistas e como esconderlles a catedral de Santiago cambiándolla pola de Burgos.

    Haicu dixit: http://haicu.blogspot.com/2006/04/falarlles-o-casteln-aos-turistas.html

  6. Leco Says:
    Maio 5th, 2008 at 10:27 p.m.

    A verdade que non me quita o sono nin os soños pero aínda que recoñezo que desfrutei mandándoos a paseo, paréceme moi triste que haxa xente tan intransixente e que se cre en posesión da verdade. E cando esta xente está en lugares de responsabilidade a tristeza convértese en pánico.

  7. ghanito Says:
    Maio 5th, 2008 at 10:31 p.m.

    Non, en postos de responsabilidade levan moito tempo. O pánico é que agora estan por todos lados

  8. Leco Says:
    Maio 6th, 2008 at 7:24 a.m.

    Aí falaches, Ghanito 🙂

  9. jorge Says:
    Maio 6th, 2008 at 1:29 p.m.

    eu fun traballar un pouquiño por ahí fora e intentei sempre falar unha língua na que se me entendese non esixirlle á xente que o fixera por mín. Sospeito que nunca nos entenderíamos con esa parella, aínda que falásemos a mesma língua.
    ¿que contarán por alá se se quedan un día enteiro ó meu carón e ven que falo galego con miña nai, con meu xefe ou cos amigos e castelán coa miña muller, co meu outro xefe ou co meu compañeiro?

  10. paideleo Says:
    Maio 6th, 2008 at 10:46 p.m.

    Son detalles sen importancia porque sabemos como é a xente que hai de todo.

  11. Aivou Says:
    Maio 6th, 2008 at 11:43 p.m.

    O curioso é que se lles falaran en inglés baixarían o ton de voz pedindo perdón por non entender…

  12. Leco Says:
    Maio 7th, 2008 at 11:13 a.m.

    Tes razón Aivou, sería tal e como dis.

  13. calidonia Says:
    Maio 8th, 2008 at 11:42 a.m.

    Leña con eles. O mellor é indignarse ás primeiras de cambio. Antes de que teñan tempo de reaccionar. Algo así como “Estame Vostede obrigando a falar noutro idioma” en voz alta e con indignación, mirando para todo o mundo darredor. “Pero que ideoloxía ten Vde.! Como poden andar así polo mundo, meu Deus!”

  14. Amparo Says:
    Maio 10th, 2008 at 10:39 p.m.

    Shit. Estades tol@s. O voso e paranonia pura.

  15. Leco Says:
    Maio 11th, 2008 at 10:41 a.m.

    De quen é a paranoia, que non acabo de velo?

  16. l&m Says:
    Maio 15th, 2008 at 8:24 a.m.

    a paranoia é de todos os que nom defendem o esperanto como linga materna e veicular…mira que facil seria entenderse até com os chineses… uma pinga nom fai inverno e dois nom é multitude…

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico