O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

AAAAAAAAAAAAAAAAAAAI… (con ton melancólico)

By Tati Mancebo | Agosto 28, 2005

Pois remataron as vacacións e mañá volto á oficina… e xa está.
Hoxe o papá e o pelacho foron ao cinema para ver a Fábrica de Chocolate, de Tim Burton. Chegastes tarde, viña mal indicada a hora no xornal, e perdestes medio filme mais papá di que para ser o teu primeiro Tim Burton, chegou ben. Viñeche encantado do rule polo centro comercial e aínda estaban os primos cando voltastes.
A pelacha xa se agacha soa e sen apoio para apañar calquera cousiña do chan. O de calquera cousiña vai en sentido literal porque es especialista en atopar pelos, motas de po e até un dente dun selo se for preciso. Non tes moita gana de falar; igual que fixo o pelacho á mesma altura, é como se vos negásedes a falar até saber que vos vai saír pola boca exactamente o que queredes escoitar… xa veremos.
Xa de volta no bairro paramos unha horiña na praza, o tempo suficiente para que o pelacho apañase toda a suxidade que collía na súa roupa, vamos, a tope.
A tía T sabe que estou a escribir estas cousas e lémbrame que non estaría de mais lembrar algunha anécdota das históricas, como cando o pelacho lle pediu a Dulce un zume de mala maneira e Dulce díxolle: “pero fáltache algo… dúas palabras… poooooor…?” “¡por pajita!”, respondeu el. Ou o día que lle puxen diante un prato de lentellas e el, coñecedor da fábula, dixo laconicamente: “las dejo”.

Topics: Sen clasificar | 3 Comments »

3 Responses to “AAAAAAAAAAAAAAAAAAAI… (con ton melancólico)”

  1. Anonymous Says:
    Setembro 3rd, 2005 at 1:59 p.m.

  2. Elvira Says:
    Xuño 29th, 2006 at 8:45 a.m.

    É moi divertido este blog.

  3. Porucznik Borewiczvj Says:
    Xullo 26th, 2006 at 3:30 p.m.

    Eddie800 pokervj

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico