O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

114114894050612897

By Tati Mancebo | Febreiro 28, 2006


O sábado pasado, coincidindo co lanzamento de Harry Potter, o noso amigo Suso de AZ trouxo o Mago Kiko para alucine dos cativos do barrio.
Ao ver que os da idade do noso pelacho ficaban sós preguntámoslle se quería que o acompañásemos e respondeu que non nos precisaba. Antes de saír da casa comentara que lle gustaría moito servir de axudante porque lle encanta a maxia e eu recomendáralle que se apurase en erguer a man se o mago pedía voluntarios, porque había de haber moitos desexando saír.
Arredor dunha hora máis tarde alí estabamos agardando cando saiu Iván, amigo do Suso que lle botara unha man coa organización:
-Xa vistes o pelacho? Dixo a rir
-Aínda non saiu.
-Resulta que o mago dixo que precisaba unha persoa… e xa saltou o voso fillo: -¡yo, yo! -¿Y tú eres una persona? -No, pero soy un niño que tiene cinco años! e saiu de axudante. Fíxolle aparecer unha laranxa! Xa veredes como vos vén cunha laranxa. Que vos conte o truco.
Nisto saiu o pelacho: -Fue genial!!!! salí de ayudante y me dio una naranja que apareció y a una mamá le metió un pañuelo pequeño por el jersey y al tirar le sacó el aguantador de tetas!
Hoxe pensabamos ir os catro disfrazados á rúa da Torre mais como a pelacha e máis eu andamos con farinxite, ficamos na casa e foron os dous sós coa avoa S. que se apuntou a última hora: o pelacho disfrazado de Power Ranger, o papá de mago Merlín e a voa de nena pequena con mandilón. A ver que contan á volta.
E esta ilustración está feita polo pelacho co tuxpaint, un programa que nos recomendou a tía T. e que está fenómeno. Ademais de poder debuxar con toda clase de pinceis, ten unha boa galería de imaxes de moitos temas que se poden retocar ou transformar por completo. O único problemiña con que nos encontramos foi que, se ben se poden gardar as imaxes no propio álbum do tuxpaint, despois non hai maneira de localizalas para, por exemplo, metelas nun post. Mais á tía ocorréuselle unha idea xenial: capturalas co Screenhunter e gardalas renomeadas e coa extensión que cadaquén queira.

Topics: Sen clasificar | 2 Comments »

2 Responses to “114114894050612897”

  1. tía T Says:
    Febreiro 28th, 2006 at 11:25 p.m.

    El tío D estuvo echando un ojo a lo del tuxpaint y parece ser que las imágenes se pueden abrir con el Explorer sin más. Busca una en C:Archivos de programaTuxPaintuserdatasaved y prueba. Tienen la extensión .png

  2. leco Says:
    Febreiro 28th, 2006 at 11:41 p.m.

    OK,tía 😉

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico